Quenes somos?
Aenda é unha asociación nacida no ano 2005 e constituída por un grupo de estudantes, con intereses comúns e ganas de fomentar o respecto pola natureza e os que a habitan e conforman.
Que facemos?
Promovemos a defensa dos animais, a defensa do medio ambiente e a conciencia social cara os problemas que afectan aos seres vivos que nos rodean. Para iso levamos a cabo diversas actividades no ámbito universitario e local, tales com: colaboración coa protectora, proxección de documentais, charlas informativas, talleres, roteiros...
Se estás interesado en participar como voluntari@ ou como membro da asociación, contacta con nós en aenda@live.com, calquera axuda é benvida!
Tamén podes atoparnos nas redes sociais!!!