8 nov 2011

ACTIVIDADES - BENESTAR ANIMAL

Dende AENDA queremos comezar unha nova actividade enfocada directamente cara o benestar animal. Non vai ser unha acción, ou quizais si, pero non cara o exterior, senón cara os nosos adentros. Sempre imos correndo, pensando e incluso soñando con organizar cousas para que a asociación se vexa reflexada na sociedade, nisto ao que lle chamamos universidade, pero ás veces coas présas esquecemos cousas máis calmadas e menos impactantes pero que son importantes igualmente.
Así, co obxectivo de crear unha mesa de debate e enriquecer á asociación e a cada un de nós, propomos traballar cunha serie de módulos creados pola Universidade de Bristol en conxunto coa WSPA sobre BENESTAR ANIMAL. Este arquivo conta con 34 módulos, e o obxectivo será traballalos todos por partes para asimilar mellor os conceptos.

PARTE 1: 
Nesta parte proponse que cada un lea pola súa conta os nove primeiros módulos, apuntando dúbidas e preguntas para logo plantexar na mesa. Pode acudir calquera persoa que estea interesada. O día fixado, tras algún cambio de última hora, queda fixado para o 21/11/2011 ás 20h na aula de AENDA (baixo a aula de 5º, fac Veterinaria).



Módulos:
  1. Introducción
  2. Avaliación do Benestar e as 5 liberdades
  3. Medidas fisiolóxicas do Benestar Animal I
  4. Medidas fisiolóxicas do Benestar Animal II
  5. Medidas de enfermidade e produción do Benestar Animal
  6. Medidas comportamentais do Benestar I
  7. Medidas comportamentais do Benestar II
  8. Avaliación do grupo e manexo do Benestar
  9. Alimentación e Benestar Animal


No hay comentarios:

Publicar un comentario