O pasado Xoves 17, AENDA organizou unha ruta polas orillas do Miño e
pola "Ruta dos Muiños" do río Mera. A asistencia foi boa e o día
prometía. Sol, calor e boa disposición de todos os participantes.
Mereceu a pena coñecer un entorno tan próximo a Lugo e con tanta
calidade para poder pasar unha tarde paseando polas beiras dos ríos.
Ofreceuse aos participantes un tríptico das posibles especies de aves,
mamíferos e reptís que se poden observar na zona nesta época do ano,
grazas a o autor do blogue Paxaradas que nos axudou a realizalo.
Polo
resto as palabras sobran en tanto á beleza e ó natural do lugar, polo
que vos ofrecemos as mellores imaxes do día. Aproveitouse tamén a
xornada para atopar un "caché" agochado nun tramo próximo o lugar onde
paramos a comer. Por isto, AENDA deixou de novo a sua pegada neste xogo a
nivel mundial o "Geocaching".
No hay comentarios:
Publicar un comentario