TRABALLO PARA OS SOLICITANTES DO CRÉDITO DE LIBRE CONFIGURACIÓN NAS XORNADAS DE PROTECCIÓN ANIMAL E MEDIO AMBIENTE:
O traballo consistirá nun breve comentario sobre un dos temas das ponencias, a libre elección.
Deberá estar estructurado en introducción-corpo-conclusión.
A extensión mínima é dunha páxina, e a máxima, 3.
O tamaño da letra: 12.
O prazo para entregalo estará aberto dende hoxe e pechará o luns 28 de marzo.
Enviarase en formato pdf a xornadas.veterinaria@gmail.com
Para calqueira cuestión, non dubidedes en contactar con nós a través desa dirección de correo.
Grazas
*****************************************************************
Dende A.E.N.D.A. estamos co-organizando coa Facultad Veterinaria Lugo unhas xornadas formativas gratuítas para todo aquel que estea interesado. Serán a segunda fin de semana de marzo (días 8, 9 e 10) e terán lugar no auditorio da propia facultade.
Nelas, pretendemos integrar os aspectos máis representativos sobre os temas dos tres grupos de traballo da asociación: Protección Animal, Medio Ambiente e Fauna Silvestre.
Está CONCEDIDO un Crédito de Libre Configuración para todo aquel estudante de licenciatura da USC que o desexe. Para a obtención do crédito será precisa a asistencia e a realización dun pequeno comentario crítico que se poderá entregar o longo da semana.
Poderedes consultar o programa en http://
Para inscribirvos podedes acceder directamente ó formulario pinchando en https://docs.google.com/
Para calquer cuestión, non dubidedes en poñervos en contacto con nós mediante o correo xornadas.veterinaria@gmail
Hai moitos motivos polos que non podedes faltar: trátase dunha iniciativa que xorde de estudantes, a nivel formativo é unha boa oportunidade para ir máis alá do que se aprende nunha aula, é accesible económicamente (xa que son gratis)... En fin, busca o teu e inscríbete xa!
Queremos agradecer a outras asociacións que colaboran facendo posible este curso tales como: CEMMA (Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños) , SGO (Sociedade Galega de Ornitoloxía), ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza) , GEAS (Grupo de Estudio de Animales Silvestres) , AGCT (Asociación Galega de Custodia do Territorio), Saramaganta, e outros poñentes a nivel individual que invertirán o seu tempo en axudarnos a ampliar os nosos coñecementos. A todos eles, GRACIAS.
No hay comentarios:
Publicar un comentario