19 dic. 2011

ACTIVIDADES - BENESTAR ANIMAL

O debate sobre benestar animal, que debería ser hoxe ás 19h pasarase para despois de Nadal. Desculpade. A nova data e hora colgarase neste mesmo blog, e mandarase por correo a quenes esteades anotados para recibir información de AENDA. Gracias!

18 dic. 2011

INFORMACIÓN

Se queredes recibir por correo as actividades que realiza AENDA en Lugo, e outras noticias que poidan ser de interese, por favor, enviade un correo electrónico a aenda@live.com explicando que queredes que se incluia o voso mail na lista de interesados. Moitas gracias.

ACTIVIDADES - BENESTAR ANIMAL

O luns, 19 de decembro de 2011, ás 19h, celebrarase o terceiro debate sobre benestar animal seguindo os módulos da WSPA en colaboración coa universidade de Bristol. Como sempre, será no local de AENDA, no aulario da facultade de Veterinaria. Estades todos invitados.

9 dic. 2011

NADAL SOLIDARIO - PROTECTORA ANIMAIS

A Protectora de Animais e Prantas de Lugo realizará unha recollida de artículos de mascotas os días 16 e 17 de Decembro, no Carrefour Market (antigo Carrefour express) da rúa Montero Ríos de Lugo.





Fai a túa doazón! Colabora! Difunde! 

penso, latas, correas, deterxentes, xoguetes, area de gato, comedeiros, mantas...


Evento en facebook: http://www.facebook.com/events/261500917239747/?notif_t=event_invite







7 dic. 2011

ACTIVIDADES - BENESTAR ANIMAL

O luns día 12 de decembro, ás 19h farase a 2ª mesa redonda sobre Benestar Animal, basado nos módulos da Universidade de Bristol xunto coa WSPA. Estades todos invitados a participar.
http://www.wspa-latinoamerica.org/nuestro_trabajo/educacion/modulos_conceptos_en_bienestar_animal_wspa.aspx

19 nov. 2011

27N: BASTA DE TORTURA ANIMAL

O día 27 de Novembro a Plataforma Por la Dignidad Animal organiza concentracións pacíficas diante do concello de varias cidades españolas baixo o lema ¡Basta de Tortura Animal! http://www.plataformadignidadanimal.org/index.html


En Lugo, seguindo esta convocatorio farase ás 12:30h do día 27 de Novembro na Praza Maior. Anímase a todos os que poidan a participar.
OS ACTOS REALIZARANSE EN SINAL DE PROTESTA E LOITO POR TODOS OS ANIMAIS QUE SON TORTURADOS EN FESTAS TRADICIONAIS, MAIORITARIAMENTE TOUROS

Non é obrigatorio, pero rógase ir vestido de negro, levar velas para prender, as mans pintadas de vermello e cartaces coa mensaxe que cada un queira.


Evento Lugo en Facebook: http://www.facebook.com/event.php?eid=218551798218175

16 nov. 2011

FESTA!!

O mércores día 23 de novembro invitámosvos a participar na festa que organizamos no pub RIVENDEL de Lugo. Anímate a beber cervexa á nósa saúde, tanto cañas coma litros!!!! A partir das 00:00!!!
A recadación da cervexa de barril (cañas e litros) irá:
  1. 40% A.E.N.D.A
  2. 60% PROTECTORA ANIMAIS


8 nov. 2011

FOTOS 3 BISPOS

Algunhas fotos que se sacaron da rota de senderismo que se fixo en Tres Bispos están colgadas no facebook (páxina de AENDA) por se lle queredes botar unha ollada!

ACTIVIDADES - BENESTAR ANIMAL

Dende AENDA queremos comezar unha nova actividade enfocada directamente cara o benestar animal. Non vai ser unha acción, ou quizais si, pero non cara o exterior, senón cara os nosos adentros. Sempre imos correndo, pensando e incluso soñando con organizar cousas para que a asociación se vexa reflexada na sociedade, nisto ao que lle chamamos universidade, pero ás veces coas présas esquecemos cousas máis calmadas e menos impactantes pero que son importantes igualmente.
Así, co obxectivo de crear unha mesa de debate e enriquecer á asociación e a cada un de nós, propomos traballar cunha serie de módulos creados pola Universidade de Bristol en conxunto coa WSPA sobre BENESTAR ANIMAL. Este arquivo conta con 34 módulos, e o obxectivo será traballalos todos por partes para asimilar mellor os conceptos.

PARTE 1: 
Nesta parte proponse que cada un lea pola súa conta os nove primeiros módulos, apuntando dúbidas e preguntas para logo plantexar na mesa. Pode acudir calquera persoa que estea interesada. O día fixado, tras algún cambio de última hora, queda fixado para o 21/11/2011 ás 20h na aula de AENDA (baixo a aula de 5º, fac Veterinaria).



Módulos:
  1. Introducción
  2. Avaliación do Benestar e as 5 liberdades
  3. Medidas fisiolóxicas do Benestar Animal I
  4. Medidas fisiolóxicas do Benestar Animal II
  5. Medidas de enfermidade e produción do Benestar Animal
  6. Medidas comportamentais do Benestar I
  7. Medidas comportamentais do Benestar II
  8. Avaliación do grupo e manexo do Benestar
  9. Alimentación e Benestar Animal


4 nov. 2011

INFORMACIÓN

Boas!
Para tentar facer máis cómodo o uso deste blog, ademáis do muro en si, no lateral dereito podedes atopar varios apartados (INICIO - a páxina actual- ACTIVIDADES - DOCUMENTOS - CONTACTO - ENLACES DE INTERESE). Perdoade se aínda está un pouco verde o blog, estamos a traballar niso, e procuraremos mantelo o máis actualizado posíbel. Tamén podedes facervos seguidores, abaixo, na barra da dereita, de xeito que seredes avisados de cada nova entrada vía mail.

Agardamos por vós!

27 oct. 2011

III ROTA DE SENDEIRISMO


Rota de snderismo Tres Bispos, nos Ancares (dificultade media-alta). Farase o domingo 6 de Novembro de 2011, con saída da entrada principal da Facultade de Veterinaria ás 09.00h. Tempo estimado: 09.00 a 19.00h 

Se queres máis información ou anotarte para vir dar unha volta connosco faino no 677134173 ou escribíndonos ao noso correo (aenda@live.com). 


INFORMACIÓN


Quenes somos?
Aenda é unha asociación nacida no ano 2005 e constituída por un grupo de estudantes, con intereses comúns e ganas de fomentar o respecto pola natureza e os que a habitan e conforman.

Que facemos?
Promovemos a defensa dos animais, a defensa do medio ambiente e a conciencia social cara os problemas que afectan aos seres vivos que nos rodean. Para iso levamos a cabo diversas actividades no ámbito universitario e local, tales com: colaboración coa protectora, proxección de documentais, charlas informativas, talleres, roteiros...


Se estás interesado en participar como voluntari@ ou como membro da asociación, contacta con nós en aenda@live.com, calquera axuda é benvida!


Tamén podes atoparnos nas redes sociais!!!