31 ene. 2012

NOTICIA - ROUBO NA PROTECTORA DE ANIMAIS

Na madrugada do día 27 entraron a roubar na protectora de animais de Lugo, algo que por outra parte é xa demasiado habitual. Entraron, romperon e roubaron un can, un forno microondas, un compresor de aire e unha secadora, esta última mercada por AENDA gracias aos fondos recadados, isto é, gracias a vós. Por dicir, poderíanse dicir moitas cousas, pero non deixaría de ser un acto de xente bastante ruín.

Tamén podedes ver a noticia na edición dixital de El Progreso.

22 ene. 2012

INFORMACION: REFUGALLOS, O ACEITE USADO

Boas a tod@s:

Un refugallo que frecuentemente se nos cola polo fregadoiro (por onde nunca debería ir) é o aceite usado. A razón de que debamos impedir que remate no desaugue é sinxela: se vai polo fregadoiro remata nunha depuradora, encarecendo o proceso de depuración, que pagamos tod@s, e, no caso de que non existise depuradora (feito bastante usual en Galiza), remata no río, degradando a calidade da súa auga e impedindo un axeitado intercambio de osíxeno por parte da fauna e a flora (animais e prantas), quenes, como podedes imaxinar, morren. Ademáis, desfacernos dese xeito do aceite é un xeito de estragar unha boa materia para que sexa reciclada, extraendo del glicerina, ácidos graxos ou ésteres como o ben coñecido e polémico biodiésel.

Bueno, unha vez feita a explicación do que non debemos facer e o porqué, pasemos á parte positiva: que é o que podemos facer? Gardalo nunha botella. Simple. E con esa botella chea podemos facer varias cousas: 1) Reutilizalo para facer xabón, 2)guindalo no balde do lixo normal (pechada!!) ou 3)levalo a un contenedor específico para recollida de aceite usado. Xa son moitos os concellos que dan este servizo, como Lugo, que ten contedores en:


• CARREFOUR - ESTRADA N-VI KM 501,600 (2 colectores)
• CARREFOUR EXPRESS - MONTERO RIOS S/N (1 colector)
• EROSKI - Avda. Infanta Elena Duquesa de Lugo, (C. Cial. AS TERMAS) (2 colectores)
• EROSKI - CAMIÑO REAL 137 (1 colector)
• EROSKI - AVDA CORUÑA 66 (1 colector)
• EROSKI - NOVO FREIRE 6 (1 colector)
• EROSKI - MILAGROSA 98 (1 colector)
• ECONSUM - CAMIÑO REAL 137 (1 colector)
• CEMAR - CAMIÑO REAL 72 (1 colector)
• CEMAR - CATASOL 25 (1 colector)
• CEMAR - CEDRON DEL VALLE 3 (1 colector)
• CEMAR - DR GASALLA 3 (1 colector)
• CEMAR - HNOS CARRO 13 (1 colector)
• CEMAR - LAMAS DE PRADO 168 (1 colector)
• CEMAR - MARINA ESPAÑOLA 21 (1 colector)
• FROIZ - AVDA CORUÑA 238 (1 colector)
• FROIZ - POETA CABANILLAS 4 (1 colector)


Esperamos que esta información sexa do voso interese.
Fontes: Plan de Desenvolvemento Sostible da USCel progreso dixital

SORTEO PROTECTORA ANIMAIS DE LUGO

Polo módico prezo de 1€ a rifa poderedes optar a diversos premios: ingredientes para un cocido para uns 15 adultos, unha entrada para o spa do Gran Hotel de Lugo e outras cousiñas. O gañador do sorteo coñecerase co número gañador da lotería Nacional do día 3 de marzo, co que hai que apurar! 
As rifas poden mercarse en:
  • Albergue da Sociedade Protectora (preto das gándaras)
  • Hospital Veterinario Rof Codina
  • Centro Socio-Cultural Vagalume
  • Clínica Veterinaria da rúa Armórica
  • Perruquería canina Sucan
  • Por voluntarios que vendan noutros puntos
Podedes consultar o evento no facebook. Boa Sorte!


17 ene. 2012

VOLUNTARIADO PROTECTORA DE ANIMAIS

Para aqueles que queirades ser voluntarios na protectora de animais e prantas de Lugo, e non saibades como, aquí tedes dúas opcións:

  1. Escribindo un mail a voluntariosprotectora@hotmail.com  
  2. Indo á páxina da protectora de Lugo e cubrir o formulario para voluntarios.

Unha vez feito isto, deberedes agardar a resposta (e han de vos respostar), para concretar días e horario, ver se precisades transporte ou se tedes coche propio... Tende isto en conta, xa que as primeiras veces que subades precisaredes alguén que vos explique e vos supervise. 

Esperamos que esta información vos sexa de utilidade, a máis ver!


15 ene. 2012

CENTRO DE EXPERIMENTACIÓN

O vindeiro martes 17, ás 19h haberá unha reunión informativa co director xerente do hospital veterinario Rof Codina (D. Luis Felipe de la Cruz Palomino) na que se falará sobre o centro de experimentación que se proxecta construir en Lugo. Será no aulario da facultade de veterinaria, en concreto na aula 5.




Tod@s aqueles que esteades interesados, convidámosvos a asistir. Tamén vos animamos a difundir este evento, tanto gardando e copiando o cartel como a través do evento creado en facebook: http://www.facebook.com/events/202725543156418/ 


Graciñas


13 ene. 2012

NOTICIA USC - CASARES LONG IMPUTADO

Se ben esta noticia queda parcialmente fóra da nosa temática, xa que somos unha asociación estudantil e membros da comunidade universitaria, cremos que debemos facernos eco da seguinte noticia. Os sindicatos CIG (Confederación Intersindical Galega) e UGT (Unión Xeral de Traballadores) interpuxeron unha querella contra o Reitor da Universidade, Juan Casares Long, por prevaricación e malversación de fondos, a cal foi admitida a trámite polo xuiz. Esta querella ven ao gallo dunhas presuntas irregularidades durante a elección dunha representante sindical no ano 2010, que segundo os sindicatos, eran coñecidas por Casares Long.
Os sindicatos tamén protestan pola convocatoria de outras oposicións no seo da USC que consideran inxustas, xa que se concedía "demasiada" puntuación á experiencia e á entrevista persoal.

Xa hai varios medios que se están a facer eco da noticia, ademáis da propia publicación dixital da CIG. Aquí os tedes para máis información:

Galicia dixital: inclúe nota de prensa do reitor á final do artigo

10 ene. 2012

ACTIVIDADES - BENESTAR ANIMAL

Seguinte sesión de debate de benestar animal para o día 16 deste mes, ás 19h no local de AENDA. Seguimos cos módulos da WSPA, centrándonos, co gallo da posíbel creación dun centro de experimentación en Lugo, no módulo 22.
                                                                 Vémonos alí!!!

7 ene. 2012

PROTECTORAS E PROTECTORADOS

Ao parecer queren finiquitar a protectora de Cambados para pór unha canceira, vai ti saber a razón (creo que todos podemos imaxinala) aos concellos sáelles máis rendible matar cans que dar un trato digno aos animais. Nada máis ca miran a 2 anos vista (eleccións - ano postelectoral - 2 anos de facer cousas - ano electoral), e non se queren percatar de que as canceiras non solucionan absulutamente nada. Sinxelamente, matan.
Deixamos aquí algúns links para que poidades comprobar a noticia da vosa propia man:

  • Paxina de facebook do refuxio de animais de Cambados
  • Blog da protectora de Ponteareas
  • Recollida de sinaturas para o alcalde de Meaño en The petition site
  • Escribir no muro do Sr. Louzán (presidente da deputación de Pontevedra) en Facebook

Tamén, para seguir na mesma liña, hai unha campaña de recollida de sinaturas en ACTUABLE para pedir que se faga un programa de control da poboación dos animais de compañía (vexase cans e gatos) mediante esterlización, e non polo tradicional e pouco práctico e menos ético da eutanasia.