20 mar. 2012

IV ROTA DE SENDEIRISMO - FRAGAS DO EUME

Ola!
Co bo tempo reiniciamos a sesión de rutas de AENDA!! Desta vez coñeceremos as fermosas Fragas do Eume, en A Coruña. É unha ruta de dificultade baixa. Será o domingo 25 de marzo, ás 11:00 no sitio de sempre, entrada principal de veterinaria. A hora prevista de volta son as 19h, asi que lembrádevos de levar comida!


Para apuntarvos ou pedir máis información só tedes que escribir a ao noso mail (aenda@live.com) ou chamar ó 677134173.


6 mar. 2012

RECOLLIDA PENSO PROTECTORA ANIMAIS

O venres, día 9 e o sábado, 10 de Marzo no LIDL da rúa Intanta Dona Elena, por suposto, en Lugo. O horario non é de todo seguro, mais en principio será de 09.00 a 21.30.
A idea é que aqueles interesados en facer unha doazón aproveiten o supermercado LIDL (a carón do c.c. As Termas) para mercaren os artigos e entregalos logo na mesa que terá montada a Protectora de Animais.
Que doar?:  penso (ADULTO, cachorro, gato), latas, bowls, correas, colares, champús, area de gato, deterxente para a lavadora (sempre hai cousas pra lavar nunha protectora!), suavizante, limpador, lixivia, mantas...

Tamén se pode facer socio quen queira ou dar donativos en efectivo (hucha), que estará alí colocada. Para calquera pregunta ou dúbida: voluntariadoprotectora@hotmail.com


Evento no facebook. Aproveitase para advertir que a protectora de Lugo non ten páxina/grupo en facebook, e que estes eventos son publicados por voluntarios.


CENTRO DE EXPERIMENTACIÓN: A CHARLA

Boas a tod@s,

Despois dunha tempada sen actualizar isto, haberá que ir póndose mans á obra. Pois ben, aquí transcibo un somero resumo do que foi a reunión con D. De la Cruz Palomino, xerente do Hospital Rof Codina hai xa un mesiño e algo. Se alguén quere engadir algo máis, correxir, protestar ou anotar, por favor, póndevos en contacto a través do mail aenda@live.com ou utilizando o espazo para engadir comentarios, que está para ser usado.

Pois ben, comezamos, pero primeiro, imos recordar un pequeno apunte. Este centro de experimentación viría a sustituir algo que xa existe parcialmente na facultade, ademáis de ser o novo lugar onde os alumnos de veterinaria farán as súas prácticas. Non é unha novidade, é, en todo caso unha “evolución”.
Unha das razóns aducidas para levar a cabo este proxecto é que as instalación actuais (véxase facultade de veterinaria, naves adxuntas ao hospital Rof Codina: contan con un animalario – para experimentación -, cortes para vacas e aulas para prácticas e cortes para cabalos) precisan renovarse para cumpriren coa lexislación (ninguén discutirá isto, xa que non son ideais), e estas naves coma mesma idade que os alumnos que a usan, da mesma quinta que a facultade, xa recibiron toque da UE en canto a problemas de benestar. Asi que razón 1: é preciso un cambio.

Tamén se aduce a necesidade de que haxa máis centros de experimentación, xa que se considera que un dos motivos polos que se fan menos proxectos é a falta de instalacións. Ao parecer, só en Barcelona hai outro centro similar a este. Aisi que razón 2: fomento investigación.

Como xa todos sabedes, e aquí non se conta nada novo, houbo unha morea de polémica con este proxecto, e incluso foi un tema ben candente nas redes sociais onde tampouco faltaron críticas de todo tipo. Un dos temas que se comentaron foi o interese privado neste centro, especialmente se falamos de asuntos, digamos que… máis frívolos. Pois ben, díxose que non se faría experimentación con cosméticos, e que só serán proxectos médicos e farmacolóxicos. Cando menos, algo quedou claro. Seguindo na mesma liña, explícase que o centro contará con 3 comités éticos, do Hospital Rof Codina, da USC e da Xunta. Tamén se falou de que puidese existir unha pequeña representación externa nestos comités, pero bueno, sería en todo caso algo mínimo. As empresas farmacéuticas que queiran utilizar o centro deberán enviar os protocolos que serán revisados por estes comités.

Tamén se falou de que os animais adicados á docencia estarían separados dos de experimentación, algo que de todos os xeitos é preciso facer por lexislación, boas prácticas, etc.

Por outro lado, temos o aspecto da financiación. Pois ben, para a súa construcción o proxecto foi presentado ao ministerio, onde está pendente de resolución, pero en canto á financiación precisa para o mantemento non houbo contestación, simplemente, que se ía manter.

Houbo un momento moi interesante en que se quixo saber a implicación de empresas privadas no proxecto, xa que falamos dun centro que recibirá fondos públicos, pero que en moitas ocasións sería utilizado por entes prievados, pero isto foi á final de todo, cando a tensión na aula subirá un tanto e De la Cruz estaba nun mal momento anímico e á defensiva, polo que non acabou de quedar moito en claro.

E por último, pasaremos ao tema da localización. Tamén controvertida, como non. Pois ben, será no antigo “matadoiro municipal”, a 2,3km da facultade. De aquí tamén hai que falar, xa que o lugar tamén ten a súa tela, anque disto non se falo una charla: este matadoiro foi clausurado no ano 2009, xa que a empresa concesionaria (Frimiño) levaba como 20 anos sen pagar os impostos do concello e tiña enormes débedas coa seguridade social. O concello tentou conseguir outra empresa concesionaria (só se presentou Novafrigsa) pero á final non se fixo a concesión. Parece ser, que influía o feito de que ese lugar precisaba unha boa remodelación. Podedes consultar a información na páxina de El progreso dixital, son 3 artigos que se mentan á final deste post.
Pois ben, seguindo co tema da localización, que afecta neste caso maiormente ao alumnado, é importante dicir que o transporte urbano (de calidade excepcional na cidade de Lugo) chegará ata alí, pero que a USC non se fará cargo do gasto, que correrá a cargo dos alumnos. A verdade, é que co prezo que están a acadar as taxas, non vos preocupedes ningún que nin o ides notar.

Pouco máis se sacou en limpo desta reunión, na que o Sr. De la Cruz se foi namentres os alí congregados aínda lle estaban formulando pregutas. Ben, poden faltar aquí cousas por anotar (xa sabedes que o podedes ampliar), asi que esperase a vosa colaboración.

Un saúdo,


O prometido é débeda,
Artigos El Progreso: