2 feb. 2012

A CAZA DO RAPOSO

Como todos os anos por estas datas estanse a celebrar os campionatos provinciais, autonómico (xa celebrados) e estatal de caza do raposo, todos eles en Galicia; por agora xa se acadaron os 100 exemplares de raposos mortos. Igualmente, todos os anos a asociación Matar por matar NON! en colaboración con outras organizacións levan a cabo labores de disuasión no monte, seguindo a grupos de cazadores e espantando aos raposos, xunto cunha concentración de protesta posterior.




Este ano o Campionato Estatal de caza do raposo terá lugar o día 4 de febreiro nas comarcas de Rois, Padrón, Lousame, Ames, Brión e Noia, según información ofrecida por unha das asociacións colaboradoras. As úlimas noticias recibidas por esta asociación son que este ano non participarán na nin Matar por Matar NON! nin Equanimal, pero polo menos un grupo de voluntarios acudirá a realizar as labores de disuasión ese día.

Se alguén estivera interesad@ en participar, enviade un correo a aenda@live.com para mantervos informad@s e organizarnos de xuntarnos uns cantos para ir.

Para obter máis información sobre a caza do raposo podedes entrar na páxina da asociación Matar por Mata, NON! e ler o seu manifesto.

Moitas grazas pola atención.