6 mar 2012

CENTRO DE EXPERIMENTACIÓN: A CHARLA

Boas a tod@s,

Despois dunha tempada sen actualizar isto, haberá que ir póndose mans á obra. Pois ben, aquí transcibo un somero resumo do que foi a reunión con D. De la Cruz Palomino, xerente do Hospital Rof Codina hai xa un mesiño e algo. Se alguén quere engadir algo máis, correxir, protestar ou anotar, por favor, póndevos en contacto a través do mail aenda@live.com ou utilizando o espazo para engadir comentarios, que está para ser usado.

Pois ben, comezamos, pero primeiro, imos recordar un pequeno apunte. Este centro de experimentación viría a sustituir algo que xa existe parcialmente na facultade, ademáis de ser o novo lugar onde os alumnos de veterinaria farán as súas prácticas. Non é unha novidade, é, en todo caso unha “evolución”.
Unha das razóns aducidas para levar a cabo este proxecto é que as instalación actuais (véxase facultade de veterinaria, naves adxuntas ao hospital Rof Codina: contan con un animalario – para experimentación -, cortes para vacas e aulas para prácticas e cortes para cabalos) precisan renovarse para cumpriren coa lexislación (ninguén discutirá isto, xa que non son ideais), e estas naves coma mesma idade que os alumnos que a usan, da mesma quinta que a facultade, xa recibiron toque da UE en canto a problemas de benestar. Asi que razón 1: é preciso un cambio.

Tamén se aduce a necesidade de que haxa máis centros de experimentación, xa que se considera que un dos motivos polos que se fan menos proxectos é a falta de instalacións. Ao parecer, só en Barcelona hai outro centro similar a este. Aisi que razón 2: fomento investigación.

Como xa todos sabedes, e aquí non se conta nada novo, houbo unha morea de polémica con este proxecto, e incluso foi un tema ben candente nas redes sociais onde tampouco faltaron críticas de todo tipo. Un dos temas que se comentaron foi o interese privado neste centro, especialmente se falamos de asuntos, digamos que… máis frívolos. Pois ben, díxose que non se faría experimentación con cosméticos, e que só serán proxectos médicos e farmacolóxicos. Cando menos, algo quedou claro. Seguindo na mesma liña, explícase que o centro contará con 3 comités éticos, do Hospital Rof Codina, da USC e da Xunta. Tamén se falou de que puidese existir unha pequeña representación externa nestos comités, pero bueno, sería en todo caso algo mínimo. As empresas farmacéuticas que queiran utilizar o centro deberán enviar os protocolos que serán revisados por estes comités.

Tamén se falou de que os animais adicados á docencia estarían separados dos de experimentación, algo que de todos os xeitos é preciso facer por lexislación, boas prácticas, etc.

Por outro lado, temos o aspecto da financiación. Pois ben, para a súa construcción o proxecto foi presentado ao ministerio, onde está pendente de resolución, pero en canto á financiación precisa para o mantemento non houbo contestación, simplemente, que se ía manter.

Houbo un momento moi interesante en que se quixo saber a implicación de empresas privadas no proxecto, xa que falamos dun centro que recibirá fondos públicos, pero que en moitas ocasións sería utilizado por entes prievados, pero isto foi á final de todo, cando a tensión na aula subirá un tanto e De la Cruz estaba nun mal momento anímico e á defensiva, polo que non acabou de quedar moito en claro.

E por último, pasaremos ao tema da localización. Tamén controvertida, como non. Pois ben, será no antigo “matadoiro municipal”, a 2,3km da facultade. De aquí tamén hai que falar, xa que o lugar tamén ten a súa tela, anque disto non se falo una charla: este matadoiro foi clausurado no ano 2009, xa que a empresa concesionaria (Frimiño) levaba como 20 anos sen pagar os impostos do concello e tiña enormes débedas coa seguridade social. O concello tentou conseguir outra empresa concesionaria (só se presentou Novafrigsa) pero á final non se fixo a concesión. Parece ser, que influía o feito de que ese lugar precisaba unha boa remodelación. Podedes consultar a información na páxina de El progreso dixital, son 3 artigos que se mentan á final deste post.
Pois ben, seguindo co tema da localización, que afecta neste caso maiormente ao alumnado, é importante dicir que o transporte urbano (de calidade excepcional na cidade de Lugo) chegará ata alí, pero que a USC non se fará cargo do gasto, que correrá a cargo dos alumnos. A verdade, é que co prezo que están a acadar as taxas, non vos preocupedes ningún que nin o ides notar.

Pouco máis se sacou en limpo desta reunión, na que o Sr. De la Cruz se foi namentres os alí congregados aínda lle estaban formulando pregutas. Ben, poden faltar aquí cousas por anotar (xa sabedes que o podedes ampliar), asi que esperase a vosa colaboración.

Un saúdo,


O prometido é débeda,
Artigos El Progreso: 

No hay comentarios:

Publicar un comentario