1 feb 2013

XORNADAS DE PROTECCIÓN ANIMAL E MEDIO AMBIENTE

*******ACTUALIZACIÓN ******** CRÉDITO

TRABALLO PARA OS SOLICITANTES DO CRÉDITO DE LIBRE CONFIGURACIÓN NAS XORNADAS DE PROTECCIÓN ANIMAL E MEDIO AMBIENTE:

O traballo consistirá nun breve comentario sobre un dos temas das ponencias, a libre elección. 


Deberá estar estructurado en introducción-corpo-conclusión. 
A extensión mínima é dunha páxina, e a máxima, 3. 
O tamaño da letra: 12. 

O prazo para entregalo estará aberto dende hoxe e pechará o luns 28 de marzo. 

Enviarase en formato pdf a xornadas.veterinaria@gmail.com

Para calqueira cuestión, non dubidedes en contactar con nós a través desa dirección de correo. 

Grazas

*****************************************************************

Dende A.E.N.D.A. estamos co-organizando coa Facultad Veterinaria Lugo unhas xornadas formativas gratuítas para todo aquel que estea interesado. Serán a segunda fin de semana de marzo (días 8, 9 e 10) e terán lugar no auditorio da propia facultade. 

Nelas, pretendemos integrar os aspectos máis representativos sobre os temas dos tres grupos de traballo da asociación: Protección Animal, Medio Ambiente e Fauna Silvestre.
Está CONCEDIDO un Crédito de Libre Configuración para todo aquel estudante de licenciatura da USC que o desexe. Para a obtención do crédito será precisa a asistencia e a realización dun pequeno comentario crítico que se poderá entregar o longo da semana.

Poderedes consultar o programa en http://aendalugo.blogspot.com.es/
Para inscribirvos podedes acceder directamente ó formulario pinchando en https://docs.google.com/forms/d/1bLJnmP2dlUUVEcW1Wp_PMAQ_K9ao9cjOVJp16cr16Cs/viewform
 

Para calquer cuestión, non dubidedes en poñervos en contacto con nós mediante o correo xornadas.veterinaria@gmail.com ou a través do número de teléfono 677 227 153.

Hai moitos motivos polos que non podedes faltar: trátase dunha iniciativa que xorde de estudantes, a nivel formativo é unha boa oportunidade para ir máis alá do que se aprende nunha aula, é accesible económicamente (xa que son gratis)... En fin, busca o teu e inscríbete xa!






 Queremos agradecer a outras asociacións que colaboran facendo posible este curso tales como: CEMMA (Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños) , SGO (Sociedade Galega de Ornitoloxía), ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza) , GEAS (Grupo de Estudio de Animales Silvestres) , AGCT (Asociación Galega de Custodia do Territorio), Saramaganta, e outros poñentes a nivel individual que invertirán o seu tempo en axudarnos a ampliar os nosos coñecementos. A todos eles, GRACIAS.



No hay comentarios:

Publicar un comentario