23 may 2012

Fotos Ruta polas Fragas do Eume

A pesar de que a ruta xa foi o 25 de Marzo e que pasaron algúns meses, non queremos deixar de ensinar algunhas das fotos deste día. Ademáis esta ruta ten un especial valor, xa que non moito despois foron os incendios que destruiron sobretodo as zonas polas que nos movimos. Como podedes ver a asistencia foi excepcional, unha compaña moi grata e moi bo ambiente. Ademáis acompañáronnos 3 persoas de ADEGA Ferrolterra que explicaron algúns detalles de interese sobre a zona e o seu valor ambiental. Moitas grazas a todos eles por vir con nós e axudarnos a facer estas rutas aínda máis interesantes.













No hay comentarios:

Publicar un comentario