21 may 2012

Ruta polo Miño e pola ruta dos muiños do Rio Mera, Lugo

O pasado Xoves 17, AENDA organizou unha ruta polas orillas do Miño e pola "Ruta dos Muiños" do río Mera. A asistencia foi boa e o día prometía. Sol, calor e boa disposición de todos os participantes. Mereceu a pena coñecer un entorno tan próximo a Lugo e con tanta calidade para poder pasar unha tarde paseando polas beiras dos ríos. Ofreceuse aos participantes un tríptico das posibles especies de aves, mamíferos e reptís que se poden observar na zona nesta época do ano, grazas a o autor do blogue Paxaradas que nos axudou a realizalo.

Polo resto as palabras sobran en tanto á beleza e ó natural do lugar, polo que vos ofrecemos as mellores imaxes do día. Aproveitouse tamén a xornada para atopar un "caché" agochado nun tramo próximo o lugar onde paramos a comer. Por isto, AENDA deixou de novo a sua pegada neste xogo a nivel mundial o "Geocaching".









No hay comentarios:

Publicar un comentario